Pedro Madruga
This topic is classified in the following rooms Pessoas | Eventos | Hispânia | Títulos
Pedro Madruga
Caros amigos:
Quixera conseguir informacións sobre os cabaleiros Portugueses que acompañaron a Pedro Madruga na invasión do sur da Galicia nos anos da Guerra de Sucesión. Según diversas fontes, o conde de Caminha ía na compaña de tropas e cabaleiros de Portugal, pero non citan nomes nin títulos, polo que suporía unha grande axuda ampliar datos.
cpts
Rodrigo Cota
Direct link:
RE: Pedro Madruga
Talvez lhe ajude:
http://www.geneall.net/P/forum_msg.php?id=94774
http://www.geneall.net/P/forum_msg.php?id=19614
Cmts
José de Azevedo Coutinho
Direct link:
RE: Pedro Madruga
Quedo moi agradecido.
O libro de Gaspar Massó non trae moita información sobre o asunto concreto da minha pesquisa, a pesar de ser un traballo moi fiábel. A outra obra que me facilita vostede era, ata hoxe, desconhecida para min, polo que irei tras ela na minha próxima viaxe a Portugal.
Penso que pode ser de moita utilidade para min, xa que a obra de Gaspar Massó, como a de Vasco de Aponte, escrita na época, ou os Pleitos Tabera-Fonseca, ocúpanse máis ben dos feitos de Pedro Madruga a esta beira do Minho. Por desgracia, na beira de vostede tampouco abonda a bibliografía sobre o conde de Caminha, ata onde eu sei. Un par de referencias, por exemplo, en Rui de Pina.
Tentarémolo con "Os Sottomayor na História de Portugal".
Eternamente obrigado.
Cmts.
Rodrigo Cota.
Direct link:
Forum messages ordered by date.
Time in GMT. It is now: 22 Dec 2024, 06:05