Sebastianna Traba, Jerez de los Caballeros

This topic is classified in rooms: Pessoas | Famílias | Regiões | Hispânia

Sebastianna Traba, Jerez de los Caballeros

#130789 | luis262 | 11 oct. 2006 01:47

Boa noite,

Continuo à procura de ascendentes, ou familiares, de SEBASTIANNA TRABA, minha teravó, n. em Jerez de Los Caballeros c. de 1800.
Casou com um português, João Manuel Barbosa e tiveram, João Ildefonso Barbosa n. em Jerez de los Caballeros c. 1825, proprietário, cc Antónia Augusta Cinza , n. em Moura.
Quaisquer informações, sobre a presença deste apelido na Extremadura espanhola, nos séc. XVII, XVIII, ou posterior me interessa e, por isso, agradeço desde já uma possível colaboração.

Sobre estes Trabas , Celso Milleiro avança com uma hipótese em :

http://genealogia.netopia.pt/forum/msg.phpìd=106685#lista

Cordialmente

Luís Piçarra

Reply

Direct link:

RE: Sebastianna Traba, Jerez de los Caballeros

#130790 | luis262 | 11 oct. 2006 01:48 | In reply to: #130789

Tetravó,claro...
LP

Reply

Direct link:

RE: Correção de contacto.

#130792 | luis262 | 11 oct. 2006 01:55 | In reply to: #130789

Corrijo a intervenção de Celso Milleiro, e peço dsculpa pelo lapso.

http://genealogia.netopia.pt/forum/msg.php?id=106685#lista

Cumprimentos
Luís Piçarra

Reply

Direct link:

RE: Correção de contacto.

#132334 | luis262 | 27 oct. 2006 03:23 | In reply to: #130792

Renovação de pedido.
Luís Piçarra

Reply

Direct link:

RE: Sebastianna Traba, Jerez de los Caballeros

#135098 | luis262 | 22 nov. 2006 21:53 | In reply to: #130789

Boa noite,

Renovo opedido já feito sobre os Traba da Estremadura espanhola, e aproveito para transcrever o primeiro capítulo de um estudo de Xosé Ramón Freixeiro Mato, "A lingua do reino da Galiza"

" 1. A importancia histórica do reino de Galiza

Pretendermos estudar a situación da lingua galega na Idade Media sen coñecermos a verdadeira historia da Galiza nese período pode conducirnos -e de feito xa ten xeralmente conducido- ao paradoxo de falarmos dunha lingua importante, prestixiosa e mesmo dominante no ámbito da lírica peninsular, mais pertencente a un territorio sen nengunha relevancia política ou inclusive politicamente inexistente.

A historia da Galiza medieval ten sido obxecto dunha manipulación interesada a favor do ideal castelanista, como ultimamente se vén pondo de manifesto(1), resaltando tamén o interese dos historiadores oficiais por faceren pasar por casteláns feitos e reis que o eran de Galiza, reino hexemónico en determinada altura, aínda que o ocultamento e a falsificación de que a nosa historia foi obxecto o fixeron pasar por subalterno ou subsidiario.

Durante séculos, a Gallaecia foi o reino cristián alternativo da Hispania musulmana, así recoñecido polos árabes e polo papado, e con grande presenza en Europa(2). A pesar de na historiografía oficial española o reino de Galiza practicamente non existir ou simplesmente figurar como subsidiario dos reinos de Asturias, León ou Castela, na documentación medieval aparece constantemente citado, outorgándoselle grande relevancia. Así, segundo nos informa Colin Smith, en 1088 o papa Urbano II diríxese por escrito a Afonso VI, que pasa por ser rei de León e Castela, como "Regi Ildefonso Gallitie"; na Historia Turpini, libro IV do Codex Calixtinus, recompilado arredor de 1140, o reino de Galiza inclúe Lamego, Viseu e Coimbra, e nela aparecen expresións como "Yspaniam e Galleciam", "tellurem Yspanicam et Gallecianam", "Hyspani scilicet et Galleciani, totam terram Hispanicam e Gallecianam", dando a sensación de que, frente á parte da Península en poder dos mouros, só existe a Galiza cristiá; no libro V, Guía de peregrinos, volve a aparecer a expresión "in Yspania et Gallecia"; nas chansons de geste francesas Galiza ten máis de 50 referencias en 35 textos, mentres León, como nome de reino ou imperio, case que non aparece; para o cronista inglés Mateo Paris, que escrebe a meados do século XIII, á altura de 1184 Fernando II é rei de Galiza e non de León; para os escritores de Al- Andalus era normal distinguir só entre francos (cataláns) e galegos (habitantes dos demais reinos cristiáns do norte)(3); o rei `Abb-Allah, despois de ser destronado en Granada, escrebe nas súas Memorias entre 1090 e 1095 que o Conde Sisnando o informara de que Al-Andalus era nun prinicipio dos cristiáns até que os árabes os venceran e os arrecantaran en Galiza, sen facer nengunha alusión a Asturias nen a León; antes da metade do século X Al-Mas'udi escrebe en Bagdad unha especie de enciclopedia en que chama a Ramiro II rei dos galegos e designa Zamora como capital de Galiza, afirmando que entre as nacións viciñas dos francos "la plus puissante de celles que dominaient en Espagne était la Galice, au point que les Francs lui faisaient toujours la guerre; mais les Galiciens étaient les plus beliqueux" e deixando sempre claro que para el Galiza era toda a Hispania cristiá do norte agás as terras dos francos e dos bascos. Colin Smith, que non pretende negar rotundamente a versión castelanista da historia, non obstante non pode admitir a tese de Américo Castro sobre a constante cita de Galiza por parte dos historiadores foráneos como consecuencia da crecente importancia e proxección do culto xacobeu, pois isto non se producira aínda no século X, acudindo finalmente o ilustre hispanista e bon amigo de Álvaro Cunqueiro ao mago Merlín do noso escritor mindoniense para buscar unha explicación a tantos `erros" que engrandecen o reino de Galiza e contradín a historia oficial de España(4).

Tamén Carolina Michaëlis de Vasconcellos resalta a relevancia da Gallaecia nos textos literarios xermánicos e europeus en xeral: "Houve uma era en que Gallaecia era nome generico da Hespanha christã, ao passo que Hispania designava a Mouraria. O curto período em que S. Salvador de Oviedo fôra capital dos territorios reconquistados não teve eco na memoria dos povos. O inmediato, pelo contrario, em que as Asturias e a Galliza formaram uma unidade, dentro em pouco augmentada pela planicie de Leão, repercutiu-se longe, espalhando todavia exclusivamente a fama das terras gallizianas, ou antes da terra de Santiago -pois fôra o descobrimento do sepulcro do Apostolo que lhe deu brilho e renome superior. Ha provas d'isso na poesía epica dos germanos, nas sagas escandinavas, nos historiadores flamengos, nos cantares de gesta da França, na poesia popular inglesa, nas obras dos trovadores, nos poetas de Italia, nos auctores árabes"(5).

Repasemos, pois, de acordo tamén cos dados aportados polos artigos de Camilo Nogueira, algúns aspectos da nosa historia que nos permitan clarificar ao mesmo tempo o pasado da nosa lingua. Durante os séculos VIII e IX, cando a lingua galega se conforma como romance diferenciado do latín, sobre o territorio da Gallaecia foise estabelecendo unha autoridade real "progresivamente asumida pola dinastía galaica", tendo todos os reis Galiza como centro do seu poder e ostentando estes reis galaicos o título de emperadores posibelmente desde Ordoño II. A dinastía real galaica dominou o reino de Asturias sobre todo a partir de Ramiro I (ano 842), mais xa antes Afonso II fora titulado no ano 798 rei de Galiza e Asturias. Todos os reis se titularon reis da Gallaecia desde capitais diferentes (Oviedo, Santiago ou León), se ben moitos deles desde Afonso II asentaron a súa capital en Santiago ou na parte occidental de Gallaecia, como Ramiro I, Afonso III, Ordoño II, Sancho Ordóñez, Ramiro II, Afonso V, García e Afonso VII, fortalecendo e estendendo o seu reino, e mesmo chegando no occidente até Coimbra xa con Orduño II. Para Camilo Nogueira Ramiro II "constitúe unha referencia fundamental na construcción do reino galaico", pondo de relevo a ocultación por parte de Sánchez Albornoz de documentación histórica onde se cualifica a Ramiro II como rei dos galegos e estes a nación máis poderosa. Bermudo II, fillo de Ordoño III e neto de Ramiro II, foi educado en Santiago e coroado rei de Gallaecia na catedral compostelá, reinando até o ano 999. No reinado do seu fillo Afonso V (999-1028) a Gallaecia vaise estender cara aos territorios de Al-Andalus, ao sul da Cordilleira Central. A Afonso V vaino suceder Bermudo III (1028-1037), que é recoñecido como emperador por Sancho o Maior de Navarra; o seu cuñado Fernando, consorte de Sancha e fillo de Sancho III, fora nomeado por este, en 1035, como gobernante de Castela sobre un reducido territorio na fronteira oriental de Gallaecia, cando o reino galaico levaba séculos de existencia(6).

Con Sancha (1037-1067), emperatriz da dinastía galega e irmá e herdeira de Bermudo III, comeza unha segunda etapa da evolución da autoridade real galaica, pois ao dividir os territorios entre os seus fillos Afonso VI (León), García (Galiza), Sancho (Castela), da súa herdanza dedúcese que a expansión cristiá cara ao sul pertencía a Gallaecia, ficando Castela limitada á expansión cara a Levante, na Tarraconense, mais tamén a súa sucesión vai provocar, por problemas dinásticos, a división de Gallaecia e a creación do Estado portugués, feito de grande transcendencia para a historia da nosa lingua.

Afonso VI, a pesar de herdar o reino de León, gobernou a Galiza e Castela en períodos distintos entre 1065/1067 e 1109, mentres o seu irmán Sancho gobernou en Castela entre 1065/1067 e 1702, mais coa aspiración de ser rei da Gallaecia, título principal da monarquía. García gobernou Galiza desde 1067 a 1071, mais conservou o título de rei até a súa morte en 1090. A filla primoxénita de Afonso VI, dona Urraca, e o seu marido, Raimundo de Borgoña, gobernaron Galiza desde 1093. Arredor de 1096, Afonso VI encárgalle o goberno de Portucale e de Coimbra á outra filla, dona Teresa, casada con Henrique de Chalon.

Cando dona Teresa, xa viúva, busca o auxilio de nobres galegos e os nobres portucalenses ven así perigar a autonomía de Portucale, estes deciden apoiar a Afonso Henriques, fillo de dona Teresa, quen vence e expulsa a súa nai en 1128, de forma que aquel pasou a gobernar Portucale e súa nai, con Fernán Peres de Traba, seguiu gobernando o condado de Coimbra, sempre en mans de condes galegos; ou sexa, que dona Teresa goberna ao sul do Douro e o seu fillo Afonso Henriques entre o Douro e o Miño; á morte de súa nai en 1130 trasládase de Guimarães a Coimbra. En 1139 tomou o título de rei e en 1143 recoñécese mediante tratado a independencia do novo Estado portugués, confirmada por Roma en 1179. García, como rei de Galiza, asumira tamén a autoridade dos condes de Portucale, sendo a súa sobriña Teresa e o fillo desta Afonso Henriques os seus herdeiros e por tanto continuadores da liña histórica, polo que a independencia de Portugal constitúe un problema dinástico dentro da Galiza.

Para comprendermos o papel da lingua galega como lingua cortesá debemos ter en conta, ademais, que o infante herdeiro do trono de Galiza Afonso Raimúndez, fillo de dona Urraca e neto de Afonso VI, foi proclamado como rei de Galiza polo conde de Traba Pedro Froilaz e polo arcebispo Xelmírez en 1110 ou 1111; como rei de Galiza gobernou Toledo en vida de súa nai a partir de 1117, continuando coa tradición galaico-toledana do seu avó. E cando en 1126 morre súa nai, o rei galego Afonso Raimúndez (Afonso VII) herda os reinos de León e Castela, afirmando así a Gallaecia a súa hexemonía política na Península; no Concilio de Carrión de 1130 recoñécese o triunfo da Gallaecia compostelá ao se ver confirmado Afonso VII como rei co apoio de Galiza e en 1135 é coroado Emperador na cidade de León coa participación de nobres e bispos galegos, feito que non significa a supremacía de Castela, senón a dun rei "feito e criado en Galicia e por galegos, un rei galego"(7).

O reinado de Afonso VII significou o triunfo da política galaica coa vitoria de Gallaecia fronte a Navarra/Aragón, sen que Castela tivese nengún papel relevante nese conflito histórico, pois non pasaba de ser unha encrucillada entre eses reinos; mesmo Afonso VII tivo que a recuperar para o seu reino ao principio do seu reinado, pois daquela estaba incorporada a Aragón. Afonso VII pretendía a transformación do Imperio galaico dos seus antepasados nun Imperio en toda a Península. Mais esta política veríase condicionada posteriormente pola perda de Toledo e pola separación de Portugal, que conseguira a súa independencia en 1143, despois da proclamación de Afonso VII como Emperador; estes dous factores son os que debilitan a forza de Galiza no que acabará por ser o Estado español(8)."

Cumprimentos

Luís Piçarra

Reply

Direct link:

RE: Traba e Trava a mesma família ?

#138352 | luis262 | 28 déc. 2006 01:44 | In reply to: #135098

Meus caros,

Renovo o meu pedido de informação sobre os Traba.

Será que na sua origem se trata de uma mesma família?

Cordialmente
Luís Piçarra

Reply

Direct link:

RE: Traba e Trava a mesma família ?

#139208 | luis262 | 05 janv. 2007 01:53 | In reply to: #138352

renovação de pedido.
LP

Reply

Direct link:

Forum messages ordered by date
L' heure présentée corrrespond au GMT. Heure actuelle: 25 nov. 2024, 11:32

Envoyer un nouveau message

Login warning message

Settings / Definiciones / Definições / Définitions / Definizioni / Definitionen